A Xunta crea a Rede Galega de Educación Dixital, coa participación de 78 docentes

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a directora de Amtega, Mar Pereira, na presentación da Rede Galega de Educación Dixital. / Xoán Álvarez
Redacción
A Xunta de Galicia crea a Rede Galega de Educación Dixital, un equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación dixital do sistema educativo.
Na primeira reunión, na que participou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez destacou a importancia do labor desta rede na implementación do Plan Dixital de Centro na medida en que este será “o manual propio e intransferible que deberá seguir cada centro para avanzar na súa transformación dixital”.
Román Rodríguez salientou que os obxectivos educativos para os próximos anos están dirixidos a “sacarlle o máximo rendemento” ao uso das tecnoloxías dixitais nas aulas e “conseguir que as escolas sexan organizacións educativas dixitalmente competentes”.
Mar Pereira puxo en valor a rede de mentores que comezaron o seu percorrido e que, co acompañamento da Rede de asesores de Abalar, debe deseñar o plan para que cada centro saque o mellor aproveitamento das plataformas e tecnoloxías dixitais. A directora da Amtega destacou que as competencias e a educación dixital son eixos prioritarios da Estratexia Galicia Dixital 2030. Entre as súas medidas, está en marcha un plan de infraestruturas dixitais con máis de 130 millóns de euros que reforzará as plataformas, dotará todos os centros dunha conectividade de 1GB, ao 100% dos espazos educativos de wifi de alta velocidade e actualizará o equipamento de alumnos e profesorado.
Para acadar o reto do coñecemento, da innovación e da transformación tecnolóxica foi deseñada a Estratexia Educación Dixital 2030 da Xunta de Galicia cun investimento de 120 millóns de euros€ e cun conxunto de accións coordinadas e planificadas con especial fincapé na incorporación de estratexias docentes e novas tecnoloxías pedagóxicas enfocadas á transformación dixital.
A Rede de Educación Dixital leva asociada a contratación de 78 docentes especialistas no ámbito dixital (a razón de un por centro baixo a coordinación de dúas persoas da Consellería) que acompañarán aos centros educativos no proceso de deseño, elaboración e implementación do seu Plan Dixital, que deberá estar totalmente operativo o vindeiro curso. Á súa vez, estes 78 docentes estarán organizados en 26 equipos de atención dixital aos centros estruturados en 14 ámbitos xeográficos.
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Advertencia de Concello de A Coruña a la promotora de los pisos de lujo de A Maestranza por su actividad con la licencia aún pendiente del juzgado
- Llega la hora de las rotaciones y de los fichajes en el Deportivo: Casadó, Adama y Angeliño, a escena
- El dulce de Vigo con una 'receta secreta' que empieza a conquistar A Coruña: 'La gente se lo lleva de tres en tres
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules
- El verano resiste unos días en A Coruña: esta es la previsión de sol (y también lluvia)
- El Deportivo negocia la renovación del contrato de Samu