Os centros educativos poden solicitar a implantación de Polos Creativos

Representantes del colegio Juana de Vega de Oleiros en Polos Creativos. / La profesora Marta López con los cuatro alumnos del Juana de Vega, ayer en Polos Creativos. //L.O.
A Xunta de Galicia abriu o prazo para que os centros escolares públicos de Galicia soliciten a implantación de Polos Creativos no seu proxecto educativo, unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade ao abeiro da Estratexia Educación Dixital 2030 e que conta cun orzamento de 8 millóns de euros través do cal pon á súa disposición máis de 23.000 unidades de material especializado entre equipamento e mobiliario.
Nesta primeira convocatoria poderán incorporarse ata un total de 220 centros de Primaria, ESO e Bacharelato a este programa de innovación educativa que busca consolidar a Galicia como referente a nivel estatal na incorporación de tecnoloxías STEM (Ciencia, Tecnoloxía e Matemáticas) ao proceso de ensino-aprendizaxe no sistema educativo público.
O obxectivo principal é promover a adquisición de competencias e coñecementos tecnolóxicos entre o alumnado apostando polo fomento de capacidades como o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a creatividade ou a capacidade analítica, todos eles elementos académicos clave nun mundo cada vez máis dixitalizado e interconectado.
Os Polos Creativos configúranse como espazos físicos específicos concibidos como lugares de innovación educativa no que se traballan as competencias STEM, a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades.
Estes espazos terán un deseño modular e innovador acorde co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, dotados de equipamento especializado e organizados didacticamente para o fomento da creatividade, a aprendizaxe por competencias e o traballo manipulativo. Isto é, centros de actividades nos que se abordarán aspectos como a intelixencia artificial, as tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual ou a robótica, entre outros.
Para abordar todos estes ámbitos desde o punto de vista académico, a Consellería de Educación dotará os Polos Creativos dunha serie de equipamento específico como mobiliario, material audiovisual de fotografía e de realidade virtual e de electrónica e robótica, ademais de elementos de tecnoloxía, de fabricación construción e téxtil e de informática.
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- El verano resiste unos días en A Coruña: esta es la previsión de sol (y también lluvia)
- El Puerto de A Coruña duplica los ingresos por eventos de ocio desde 2022: los reyes son la Fundación Marta Ortega, la música y las hamburguesas
- El Deportivo, al dentista de Getafe en una semana loca
- El Deportivo negocia la renovación del contrato de Samu
- 90-96 | El Surne Bilbao deja al Leyma Coruña con la miel en los labios
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble