Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta promove o intercambio cultural e lingüístico entre alumnos galegos e galos

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B. C. [ a coruña]

Ata 300 alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º Bacharelato de 20 centros públicos galegos poderán participar nun intercambio cultural e lingüístico con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne, ambas no país galo, a través do programa EduFrance.

Deste xeito o goberno galego amplía as experiencias previas neste eido, dado que nesta ocasión poden participar tamén estudantes de 1º de Bacharelato. Ademais, increméntase a dotación orzamentaria e, polo tanto, o número de alumnos que poden participar e ábrese a posibilidade de que os centros escollan o tipo de centro e a rexión académica coa que queren facer o intercambio.

O obxectivo desta iniciativa da Xunta é continuar coas accións de mellora enmarcadas na Estratexia galega de linguas estranxeiras da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que aposta decididamente por unha educación intercultural e multilingüe. Durante o período de intercambio, o alumnado galego participante –entre 10 e 15 escolares por cada centro–deberá asistir ás clases no lycée ou collège que lle fose asignado pola Région Académique correspondente e aloxarase na casa dunha familia francesa, e viceversa no caso da estancia dos estudantes franceses en Galicia. A estancia do alumnado galego en Francia terá unha duración dun máximo de 10 días naturais. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 20 de xuño.

Tracking Pixel Contents