Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Estadías lingüísticas para 4.300 alumnos con axudas de tres millóns para as familias

El conselleiro Román Rodríguez, con escolares participantes en un campamento de idiomas.

El conselleiro Román Rodríguez, con escolares participantes en un campamento de idiomas. / Moncho Fuentes

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B.C.

Os tres programas de estadías lingüísticas da Xunta de Galicia permitirán neste curso 2023-24 que 3.400 alumnos melloren as súas competencias en idiomas: os programas Digital Week, no outono; Spring Week, na primavera, e as estadías lingüísticas do verán, denominado Axudasle, cun investimento de máis de tres millóns de euros destinado ás familias galegas, que acceden aos dous primeiros programas totalmente de balde, favorecendo a igualdade de oportunidades.

Ademais, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sufraga entre o 87 % e o 50 % do custo das estadías dos estudantes de bacharelato nos meses de verán no estranxeiro. En conxunto, a oferta para o novo ano académico supera nun centenar de prazas o pasado.

Serán 1.200 os alumnos de entre 6º de primaria e 4º da ESO que gocen da experiencia Digital Week. O obxectivo é a práctica do inglés e o seu uso en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo. Así mesmo, desenvólvense actividades complementarias que promoven a actividade física e a socialización. A actividade terá lugar en dez quendas diferentes dunha semana de duración entre o 1 de outubro e o 16 de decembro no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares.

No caso da Spring Week, serán 1.550 os estudantes de 6º de primaria e os catro cursos da ESO os que participen neste programa entre abril e xuño de 2024. A actividade baséase na estimulación da práctica oral da lingua inglesa e o seu uso en contextos comunicativos máis amplos que os que permite a contorna escolar, así como a contextualización en temáticas de interese cultural, social, artístico e ambiental.

Por último, este curso convocaranse un total de 650 prazas para as estadías no estranxeiro durante o verán dirixidas a alumnado de bacharelato. Cunha duración de tres semanas en réxime residencial ou familiar no mes de agosto, o obxectivo de Axudasle é que o alumnado mellore as súas competencias na lingua do país de destino, ao tempo que entra en contacto con outras persoas, culturas e realidades. Os países de destino serán Reino Unido, Irlanda, Canadá, Francia, Alemaña e Portugal.

Tracking Pixel Contents