Concedidas a 20.500 docentes as primeiras acreditacións de competencias dixitais
B. C.
Un total de 20.409 profesores do sistema educativo galego van recibir a súa acreditación da competencia dixital docente impulsada pola Goberno galego por primeira vez este ano. Deste xeito, Galicia convértese na primeira comunidade autónoma do Estado en implantar este modelo para os docentes, que tamén se vai estender ao alumnado e ás persoas adultas, para o cal se está ultimando o proceso.
Este é o punto de partida coa formación certificada polos docentes acreditados ata o momento. De feito, a partir de agora, a Consellería está traballando nun paquete de accións específicas para mellorar o nivel de competencias dixitais do conxunto do profesorado, tanto para que os docentes xa acreditados incrementen o nivel obtido como para que o resto poida acadar un primeiro nivel de acreditación. A previsión é que ata finais deste curso poidan acreditar as súas competencias arredor de 30.000 profesores e 20.000 deles poidan incrementar o nivel inicial acadado nesta primeira fase.
A implantación deste procedemento ten como obxectivo que os profesores obteñan un recoñecemento oficial das habilidades adquiridas neste eido, establecidas en seis niveis diferentes (do A1 ao C2), similares ao sistema que funciona para a acreditación dos coñecementos en linguas estranxeiras, e que están baseados no Marco de Competencia Dixital Docente, con validez a nivel estatal. Os docentes acreditados recibirán nas vindeiras semanas o documento oficial que certifica o nivel de competencia dixital acadado, que será válido para todo o territorio nacional.
As competencias poden recoñecerse ben tras realizar as actividades organizadas pola Consellería de Educación a través da Rede de Formación do Profesorado e entidades colaboradores, ou ben polos coñecementos adquiridos a través doutras vías: recoñecemento de títulos universitarios, proba acreditativa, observación do desempeño e avaliación de evidencias e méritos. Tamén se teñen en consideración, como evidencias, os premios outorgados polas administracións educativas, a coordinación e autoría de proxectos de investigación e de innovación educativa ou as publicacións académicas, entre outras.
Ata o momento, o proceso de acreditación chegou ao nivel B2. Do total dos 20.409 docentes acreditados, 1.063 obteñen o nivel A1, 8.658 o A2, 8.769 o B1 e 1.919 o B2.
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Advertencia de Concello de A Coruña a la promotora de los pisos de lujo de A Maestranza por su actividad con la licencia aún pendiente del juzgado
- Llega la hora de las rotaciones y de los fichajes en el Deportivo: Casadó, Adama y Angeliño, a escena
- El dulce de Vigo con una 'receta secreta' que empieza a conquistar A Coruña: 'La gente se lo lleva de tres en tres
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules
- El verano resiste unos días en A Coruña: esta es la previsión de sol (y también lluvia)
- El Deportivo negocia la renovación del contrato de Samu