Este abril, si!: Tes que visitar A Estrada
Das camelias do Pazo da Oca aos pomares que fan posible a súa prezada sidra, non te perdas todos os plans de turismo activo e ruralna localidade para a primavera

Manzanos en flor na Estrada, rebosante de plans para gozar do turismo activo en primavera. / Concello da Estrada
B. C.
Situada no centro de Galicia, moi próxima a Santiago e escorada cara ás Rías Baixas, A Estrada goza da centralidade que permite estar preto de todo cun territorio cheo de sorpresas e 51parroquias rebosantes de natureza e cultura como da boa conta a súa festa máis emblemática: A Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada de Interese Turístico Internacional e con máis de 400 anos de historia.
Tradición, cultura, bo ambiente e turismo activo e rural suman deste xeito forzas na proposta turística da Estrada, que atopa na Semana Santa unha das mellores épocas do ano para ser visitada, dado que é entre xaneiro e abril cando se produce a floración da Camelia no pazo de Oca, de imprescindible visita e un dos máis representativos de Galicia.
Unha escapada na que podemos aproveitar tamén para gozar das opcións que A Estrada ofrece aos amantes do Senderismo con máis de 150 quilómetros de routeuros, entre os que se contan marabillosas propostas coma as rutas dos muíños de Golfariz e de Vesacarballa ou a da Fervenza de Callobre.
Chega o tempo de gozar do incrible espectáculo dos manzanos en flor
Tras o noso percorrido, poderemos refrescarnos no “interior con máis praias” grazas a encantadoras apostas fluviais como Liñares, un espazo verde de 24.000 metros cadrados con mesas, hamacas, vestiarios, bar e zonas de xogos infantís. Couto de Sinde, O Areal e A Praíña son outras das propostas neste senso.
Terra de sidra, A Estrada ofrece ademais en primavera a oportunidade perfecta para gozar da espectacular paisaxe dos pomares en flor grazas aos paquetes de Mar de Compostela, que inclúen visitas con aloxamento e degustación.
E da sidra as tapas para rematar a nosa viaxe con bo sabor de boca para o bandullo porque, e por se todo isto fose pouco, os locais de Hostalaría da localidade estanse a preparar xa para as Santas Tapas, que a partir do 5 de abril ofrecerán degustacións a un prezo de só 2,50 euros.
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Javier Gómez, director general de LaLiga: 'El Deportivo tiene, además, a su máximo accionista, que hace aportaciones al club, y le permite incrementar su límite de coste de plantilla
- La panadería de A Coruña que hace uno de los tres mejores panes de España: “Hacemos 200 kilos al día y necesitamos seis horas”
- De iconos de la noche de A Coruña a locales vacíos: los pubs históricos que no se alquilan
- El restaurante indio de A Coruña que estuvo a punto de cerrar y hoy prepara casi 100 platos: “Ahora empieza la tercera generación”
- El Depor Abanca recobe al Real Madrid en el arranque de la jornad: «Es uno de los mejores de Europa»
- Todo listo para O Burgo Fest, que se celebrará el sábado en el paseo
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules