Case tres millóns de luces para festexar o Nadal coruñés
» A bola da Mariña e a árbore do Obelisco, protagonistas do alumeado» O poboado navideño xa está aberto en María Pita

Luces en Catro Camiños. // L.O. / B. C. [A Coruña]
B. C. [A Coruña]
O Nadal na Coruña comezou o pasado 4 de decembro. Desde entón, a cidade é maxia grazas aos case tres millóns de luces LED que se atopan por case todas as rúas e prazas. Hai 550 arcos, 150 motivos en farois, 53 árbores iluminadas, 17 rúas con teitos de luz, 14 prazas con paraugas e marañas de luz, 6 fachadas e elementos emblemáticos iluminados, unha bola de 12 metros na Mariña, tres figuras selfie, un nacemento e unha iluminación especial na praza de María Pita.

Poboado navideño en María Pita. // L. O. / B. C. [A Coruña]
A árbore do Obelisco foi o escenario elixido para acender o alumeado da cidade. O guía Suso Martínez e a alcaldesa Inés Rey foron os mestres de cerimonia, na que nenos e maiores, moi afectados pola pandemia, foron protagonistas. Nico, de 5 anos, e Pomba, de 11, e os avós María del Carmen e Enrique, elixidos por sorteo tras entregar os primeiros uns debuxos, foron os encargos de conectar as luces.
Tamén fixo unha actuación o mago Román, que deixou abraiados a todos os presentes cos seus trucos.

Alumeado navideño en praza de España. // L. O. / B. C. [A Coruña]
A cidade de Papá Noel
Na praza de María Pita atópase o poboado de Nadal, onde se atopa Papá Noel xunto aos seus elfos nunha das casetas.

Casiña do poboado. // L. O. / B. C. [A Coruña]
Ademais de desfrutar de esta cidade en miniatura, os pequenos da casa poden participar en obradoiros culturais. As actividades están destinadas a nenas e nenos de curta idade e teñen unha duración de dúas horas. Un dos obxectivos deste programa é a dinamización do comercio local, xa que os pais, nais e familias dos participantes poderán facer as súas compras de Nadal durante ese tempo.

‘Selfie’ na bola da Mariña. // L. O. / B. C. [A Coruña]
Haberá aforo límite e os interesados poden apuntarse alí, en María Pita, durante os días previos. Os horarios son: Días 18 e 19 decembro: de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Días 22, 23, 24, 26, 27, 28, 29, 30, 31 decembro e 2 xaneiro: das 12.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 21.00 horas. Días 25 decembro e 1 de xaneiro: de 17.00 a 21.00 horas.
Hoxe e mañá, e os días 23 e 24, Papá Noel estará cos seus elfos nunha caseta do poboado e recibirá ás nenas e nenos en horario de 12 a 14 e de 17 a 21 horas.
O Belén municipal
Este ano, co Belén, o Goberno de Inés Rey réndelle unha homenaxe ao persoal traballador sanitario coa inclusión da figura da enfermeira galega Isabel Zendal, que no ano 1803 se embarcou na primeira expedición sanitaria internacional da historia saíndo desde o porto da cidade, rumbo ao continente americano. Zendal está representada xunto ao seu fillo Benito, un dos 22 pequenos que integraron a expedición para que a vacina da varíola chegase ao outro lado do Atlántico. O nacemento estará dispoñible ata o día 6 de xaneiro, data de clausura, en horario de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 21.00 horas polas tardes, salvo 24, 25 e 31 de decembro e 5 de xaneiro –só de mañá– e 1 e 6 de xaneiro —só de tarde—.
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes