Os centros poden impulsar accións especializadas en innovación e inclusión

Varios alumnos en un aula.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades abriu o prazo para que os centros educativos se adhiran á convocatoria de Contratos-Programa, un acordo anual entre a administración e os centros para implantar plans específicos de mellora nas aulas e para impulsar accións estratéxicas no ámbito da innovación (CPInnova) e da inclusión (CP Inclúe).
Ata o próximo 20 de setembro estarán abertas as dúas convocatorias, nas que poderán participar todos os centros públicos que imparten Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP. Tanto no caso dos programas de innovación coma nos de inclusión os centros, dentro da súa autonomía, deberán elaborar un plan para a mellora do éxito educativo en cada un dos ámbitos.
Eido da innovación. No que atinxe á innovación o obxectivo é promover a súa aplicación na aula de xeito que se potencie a adquisición de competencias clave, o aproveitamento do talento potencial, de hábitos de vida saudables, a educación ambiental e a mellora da xestión educativa nos centros.
No apartado dos Contratos-Programa Innova figuran as modalidades de EDUinnova, que sitúa o centro como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente e a dotación de ferramentas aos estudantes para enfrontar os desafíos de futuro; o EDUexcelencia, na procura dunha educación personalizada que permita ao estudante acadar un resultado óptimo a nivel académico; o EDUsaúde, onde o centro exerza como dinamizador de hábitos de vida saudables; o EDUsostibilidade, con accións aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e o EDUcalidade, na procura dun modelo de calidade a nivel organizativo, de xestión e de funcionamento dos centros.
Eido da inclusión. No que atinxe aos Contratos-Programa Inclúe, consta de cinco modalidades de acción ás que poden acollerse os centros. A primeira é Quéda-T, de prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, a través da cal os centros poderán implementar medidas específicas de índole pedagóxica ou organizativa que contribúan ao avance do conxunto do alumnado e, en especial, do que se atope en situación de vulnerabilidade.
A través da modalidade Iguála-T desenvolveranse accións que interveñan no fomento da coeducación, promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero e promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual. Na modalidade Convive-T aglutínanse medidas para o impulso de convivencia pacífica, democrática e respectuosa co fin de xerar un clima de seguridade, respecto e confianza nas aulas. A través de Inclúe-T desenvolveranse accións que fomenten e melloren a inclusión no centro dirixidas á atención á diversidade e á inclusión educativa e social de todo o alumnado. Na modalidade Emocióna-T ponse en valor a importancia das aprendizaxes emocionais para o benestar e o progreso social.
Balance. Nos dez anos de implantación dos Contratos-Programa leváronse a cabo arredor de 4.500 plans específicos de mellora nos centros escolares e un orzamento de 60 millónes de euros.
No presente curso participan na liña CP Inclúe un total de 471 centros educativos coa implicación de 7.848 docentes. No caso do CPInnova, chega a 343 centos e 5.101 docentes traballando nas distintas modalidades que abrangue esta liña.
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Advertencia de Concello de A Coruña a la promotora de los pisos de lujo de A Maestranza por su actividad con la licencia aún pendiente del juzgado
- Llega la hora de las rotaciones y de los fichajes en el Deportivo: Casadó, Adama y Angeliño, a escena
- El dulce de Vigo con una 'receta secreta' que empieza a conquistar A Coruña: 'La gente se lo lleva de tres en tres
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules
- El verano resiste unos días en A Coruña: esta es la previsión de sol (y también lluvia)
- El Deportivo negocia la renovación del contrato de Samu