Ramón Pérez Costales, a nova figura do Belén
O nacemento incorpora ao benfeitor de Pablo Picasso» O Concello pon en marcha a Casa dos Xoguetes, na que se poden facer donacións

O Belén Municipal. | // CARLOS PARDELLAS / B. C. [A Coruña]
B. C. [A Coruña]
Non hai Nadal sen o Belén Municipal de María Pita. Un punto de encontro de nenos, adultos e maiores. Unha visita obrigada para estas datas. Este ano, o nacemento réndelle homenaxe a Ramón Pérez Costales, benfeitor de Pablo Picasso durante os seus anos na cidade, cuxa figura se incorpora ás máis de 250 presentes na recreación e entre as que xa se atopaba a do propio Pablo Picasso. O Belén, ubicado na sala de exposicións do Pazo Municipal, está aberto ata o 6 de xaneiro.

Ramón Pérez Costales, a nova figura do Belén / B. C. [A Coruña]
“Este ano, o Belén cumpre trinta anos de vida, trinta anos de percorrido recollendo o patrimonio, os persoeiros clave e a historia da nosa cidade”, dixo Inés Rey na apertura, na que estivo presente Crisanto Gándara Eiroa e os seus familiares, herdeiros de Ramón Pérez Costales.
Pérez Costales, médico de profesión, exerceu case toda a súa vida na Coruña, á que chegou con 13 anos de idade. Ademais, foi un político moi activo e chegou a exercer como Ministro de Fomento durante a presidencia republicana de Pi i Margall. Posteriormente, embarcouse en tarefas filantrópicas e amosou o seu compromiso co tecido asociativo da cidade, participando na fundación da Cocina Económica e nos movementos do sector cultural coruñés. “Falamos, pois, dunha figura histórica da cidade e, tamén, do mundo da arte e da pintura pola influencia que tivo nun dos grandes xenios da historia contemporánea”, sinalou Inés Rey. Durante o acto tamén interviu Crisanto Gándara Eiroa, que estivo acompañado por Sara Eiroa e Carlos Gándara. Ao remate das intervencións houbo unha actuación do coro Cantabile.
Antes de Pérez Costales, a última en chegar ao nacemento foi a enfermeira galega Isabel Zendal, que no ano 1803 se embarcou na primeira expedición sanitaria internacional da historia saíndo desde o porto da cidade, rumbo ao continente americano. Zendal está representada xunto ao seu fillo Benito, un dos 22 pequenos que integraron a expedición para que a vacina da varíola chegase ao outro lado do Atlántico.
O Belén Municipal quedou aberto ao público e permanecerá na sala de exposicións de María Pita ata o 6 de xaneiro. O horario será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, agás o 24 e 25 de decembro, que pechará durante todo o día. O 31 de decembro haberá só horario de mañá, o 1 de xaneiro, só horario de tarde; o 5 de xaneiro o horario será de 10.00 a 14.00 e o 6 de xaneiro o horario será de 17.00 a 21.00 horas.

A Casa dos Xoguetes
A Casa dos Xoguetes
O Concello da Coruña puxo en marcha este Nadal a Casa dos Xoguetes, unha iniciativa que ten como principal obxectivo impulsar a economía circular e o consumo consciente e responsable, alongando o ciclo de vida dos recursos e incentivando a súa reutilización.
As instalacións da Casa dos Xoguetes, habilitadas na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), na rúa Costa da Palloza, 8, estarán abertas para as persoas interesadas na doazón de xoguetes ata o vindeiro 5 de xaneiro, de luns a venres (de 10.00 a 19.00 horas) e os sábados (de 10.00 a 14.00 horas).
Na Casa dos Xoguetes, e en contraprestación polos obxectos doados, a persoa usuaria recibe cupóns que pode intercambiar, posteriormente, polos xoguetes que máis lle gusten de entre todos os expostos nese momento. Por outra banda, e no caso de que a persoa usuaria soamente desexe doar obxectos sen recibir cupóns a cambio, o persoal de atención da Casa das Xoguetes recollerá os xoguetes en cuestión para entregarllos posteriormente a persoas que os precisen. Non se aceptarán xoguetes que non estean en perfectas condicións para poder gozar dunha segunda vida nas mans de outras nenas e nenos.
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes


