Música, fútbol e gastronomía con aire ‘western’, para presentar A Coruña
O festival de cultura e fúbol ‘Rebumbio’ ou nomes como Baiuca e Luar na Lubre como primeiras confirmacións para as festas de María Pita e o Noroeste foron algunhas das propostas da cidade na última edición de Fitur

22/01/2025 La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, presenta la oferta turística de la ciudad en Fitur. / POLITICA ANDY PÉREZ
B.C.
Cultura galega, música internacional, celebración da cultura futbolística como antesala ao mundial ou gastronomía atlántica. Foron algunhas das propostas turísticas para este 2025 que A Coruña avanzou na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebrou estes días en Madrid, e onde se deron a coñecer os primeiros nomes que porán a música este verán e que son reflexo do mellor do panorama galego e internacional: Luar na Lubre para o Noroeste Estrella Galicia, Baiuca nas festas de María Pita e o portorriqueño Residente no Morriña Fest.
Tamén foi o escenario de presentación da campaña turística deste ano, Al Noroeste del Oeste, unha curtametraxe dirixida e protagonizada por Javier Veiga e mais Xosé Antonio Touriñán que tiran de estética western para falar das potencialidades turísticas da cidade, e que remiten ao seu lema en materia turística: A Coruña, cultura de vivir. «A Coruña atravesa unha exposión vital e cultural, á que chamamos Cultura de Vivir, que nos sitúa á fronte do dinamismo da nosa zona de influencia e máis alá», declarou a alcaldesa, Inés Rey.
A curtametraxe, que fai de fío condutor da campaña e que xa pasa das 130.000 visitas en Youtube, foi presentada ante unha ampla representación da sociedade coruñesa, que se deu cita no Edificio Larra na véspera da presentación en Fitur da estratexia turística da Coruña para este 2025. No acto tamén se conmemorou o 175 aniversario das Festas de María Pita, que naceron en 1850 por iniciativa do alcalde Juan Flórez. «As nosas festas, mentres que noutras cidades son como moito dunha semana, duran un mes e foron as primeiras de España que honraron a unha civil, a unha muller valente como María Pita», sinalou Inés Rey.
No Edificio Larra expuxéronse tamén unha escolma representativa dos carteis das Festas de María Pita e as persoas asistentes recibiron unhas láminas de tres carteis do século XIX, XX e XXI. Javier Veiga exerceu de mestre de cerimonias, a carón da guionista e creadora de contido coruñesa Carolina Iglesias (percebesygrelos) e Luar na Lubre puxo a música. A gastronomía coruñesa tivo un papel destacado da man de figuras como Luis Veira (Árbore da Veira), Ramón Rodríguez e Isabel Gesto (O Cabo), Gorka Rodríguez (A Pulpeira de Melide), Caco Agrasar (Salitre), Javier Freijeiro y Moncho Bargo (Pracer), Moncho Méndez (Millo Orzán) e Pablo Morales (Habaziro).
Música, cultura e fútbol
A alcaldesa avanzou boa parte da programación cultural e de ocio deste 2025, con múltiples actuacións musicais xa confirmadas no principal recinto multiusos do noroeste: o Coliseum. Así, este ano pasarán pola cidade Lenny Kravitz, Bad Religion, Alanis Morissette, Joaquín Sabina, Rigoberta Bandini, Quevedo, Myke Towers, Chayanne, Sen Senra ou Lionel Richie. Ademais, a cidade seguirá contando cun dos principais eventos musicais de Galicia: o Morriña Festival. Inés Rey anunciou que o seu primeiro artista confirmado é Residente, recoñecido cantante portorriqueño que conta cun Grammy e cinco Grammys Latinos. A cultura e a música galega, que vive nestes tempos un momento especialmente doce, non queda atrás na programación. «Estamos a facer unha aposta sen precedente por poñer no lugar que lle corresponde a nosa cultura propia, situándoa en espazos reservados ata hai pouco para artistas internacionais», indicou Rey.
FITUR 2025
- ‘Rebumbio’ celebrará a cultura do fútbol na cidade con feira, mostras, faladoiros e cine
- A curtametraxe ‘Al Noroeste del Oeste’, eixo da campaña turística, xa pasa das 130.000 visitas en Youtube
Nese sentido, a alcaldesa anunciou que Baiuca será o encargado de abrir as Festas de María Pita, no ano que se conmemora o seu 175 aniversario. Ademais, a alcaldesa avanzou que Luar na Lubre actuará na praia de Riazor no marco do Festival Noroeste Estrella Galicia, no ano no que celebran o 40 aniversario da súa formación. A alcaldesa apelou á extensa programación propia coa que conta o Concello en espazos como o Teatro Rosalía de Castro e o Teatro Colón, con diferentes funcións xa esgotadas para este ano.
Outro dos puntos chave na programación turística deste ano xira arredor do Mundial 2030, do que A Coruña será sede e que xa empeza a preparar os seus actos. «A Coruña 2030 será o emblema das transformacións urbanas que estamos levando a cabo, da segunda gran modernización da cidade», indicou a rexedora.
A alcaldesa anunciou o primeiro dos eventos que conmemorarán a cita, a primeira edición do festival Rebumbio. Un festival de Cultura e Fútbol. Trátase dunha iniciativa sen apenas precedentes a nivel nacional e que versará sobre o poder do fútbol como «un dos maiores xeradores de cultura dos nosos tempos», con numerosos actos repartidos pola cidade, como unha feira de venda de libros, camisetas e coleccionismo, exposicións artísticas, cine, música, charlas e presentacións de libros, entrevistas, podcast en directo e xogos.
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes