‘Somos Criminais’: sete anos de risa, identidade e historia do teatro galego
Este próximo sábado na Coruña, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen punto final á triloxía máis exitosa das artes escénicas en Galicia
Más de 100.000 espectadores acompañaron un proxecto que fixo historia desde a súa estrea na Illa de Arousa en 2018

Carlos Blanco y Xosé A. Touriñán / Aigi Boga
B. C.
A historia de Somos Criminais é tamén a historia recente do teatro galego. Sete anos nos que dúas xeracións da comedia, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, compartiron escenario e risas nun proxecto que evolucionou xunto co público e coa propia sociedade. O 1 de novembro, a nave criminal aterra definitivamente na Coruña coa última función de Somos Criminais e punto final, pechando unha triloxía que marcou un antes e un despois nas artes escénicas do país e que reuniu a máis de 100.000 espectadores desde a súa estrea na Illa de Arousa en 2018.
Un fenómeno teatral nacido un día de Nadal
O 25 de decembro de 2017, entre sobremesas e turróns, un vídeo de trinta segundos anunciaba o que sería o inicio dun fenómeno. O 30 de marzo de 2018, a Illa de Arousa acollía a estrea de Somos Criminais, un espectáculo no que Blanco e Touriñán analizaban con humor e retranca aquilo que nos fai ser como somos. O éxito foi inmediato: entradas esgotadas, funcións duplicadas e unha xira que levou o espectáculo a máis de vinte localidades, enchendo teatros grandes e pequenos e levando ao público xeral (moitas veces por primeira vez) ás butacas dun auditorio.

Una escena del espectáculo / Aigi Boga
A segunda parte que nunca existiu e o regreso triunfal
No 2020, cando o mundo se detivo, Somos Criminais volveu reinventarse. Unha función gravada na Illa de Arousa converteuse no primeiro espectáculo teatral galego emitido en streaming, con máis de 3.000 accesos de pago e espectadores desde todo o mundo. O proxecto abría así un novo camiño para a cultura galega en tempos de incerteza.
As últimas entradas están disponibles na páxina web de 'Somos Criminais'
No 2021 chegou Somos Criminais 3 (porque, como dixeron os seus creadores, "as segundas partes nunca foron boas"). O novo texto, escrito por Blanco, Touriñán e José L. Prieto e dirixido por Tito Asorey, consolidaba un universo propio: unha escenografía máis vistosa, novas historias e unha complicidade co público que seguía medrando función tras función.

Dos personajes de 'Somos criminais' / Aigi Boga
‘E punto final’: unha despedida a bordo da Arteixo II
En 2024, os capitáns da comedia galega embarcáronse nunha derradeira viaxe con Somos Criminais e punto final. A bordo da nave Arteixo II, conduciron ao público cara a un novo planeta, levando consigo o mellor do noso humor, da nosa lingua e da nosa identidade colectiva. Nestes últimos meses unha última xira percorreu Santiago, Narón, Vigo, Vilagarcía e agora a Coruña, esgotando entradas en todos os teatros e auditorios e reunindo a máis de 10.000 espectadores.

Os dous cómicos na obra / Aigi Boga
Un legado criminal
Sete anos, tres espectáculos e máis de 100.000 espectadores despois, Somos Criminais deixa tras de si algo máis que cifras: deixa unha forma de entender o teatro galego como espazo de encontro a través da comedia. Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán fixeron do escenario un espello no que recoñecernos, entre a retranca e a tenrura.
O 1 de novembro, na Coruña, a nave criminal fará o seu último aterraxe. Será o final dunha viaxe que quedará escrita na historia do teatro galego.
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes