'Bibopalula. O Espectáculo': a Banda do Bosque regresa aos teatros galegos
Este inverno, Bibopalula inicia unha nova xira por Galicia cun universo que xa forma parte do imaxinario de moitas familias
Vilagarcía, A Coruña e Vigo, entre as paradas
O proxecto consolídase como unha proposta cultural de referencia para o público familiar galego

O espectáculo de Bibopalula, en directo. / LOC
B. C.
Este inverno, Bibopalula · O Espectáculo inicia unha nova xira por Galicia cun universo que xa forma parte do imaxinario de moitas familias. Ava, Robin, Carpin, Pegui e Merli regresan aos escenarios para seguir transmitindo, a través da música e das historias da Banda do Bosque, unha mensaxe de respecto pola contorna e curiosidade polo mundo que nos rodea.
Un proxecto que medra co seu público
Desde a súa estrea, Bibopalula · O Espectáculo converteuse nun fenómeno cultural para público familiar, conquistando auditorios e teatros en toda Galicia. O universo creado por Laura Mahía e Andrés Mahía non tardou en expandirse máis alá da pantalla, dando lugar a unha proposta escénica coa dirección e o texto de Marta Lado.
A combinación de música en directo, teatralidade e narración fai de cada función unha experiencia inmersiva, na que as cativas e os cativos seguen a Ava (interpretada de novo por Lidia Veiga) nun percorrido emocionante polo bosque. Xunto a ela, Cristina Andrade, Graciela Carlos, Sara Ferro e Nerea Rodríguez dan vida a Robin, Carpin, Pegui e Merli.

Personaxes do espectáculo. / LOC
A xira de inverno: novas datas en Galicia
A tempada de inverno abre unha nova etapa para o espectáculo. O seu gran inicio de xira tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco da Feira das Culturas Galegas (Culturgal). Tras este comezo, a xira continúa con novas paradas que inclúen Vilagarcía (13 de decembro), A Coruña (28 de decembro) e Vigo (2 de xaneiro), nunha quenda de funcións pensada para que as familias poidan gozar dun plan cultural compartido durante os meses máis fríos do ano.
Hai entradas dispoñibles na web de Bibopalula para ver en directo as novas aventuras
Coa mesma estética coidada e o espírito musical que caracteriza a proposta, Bibopalula volve ofrecer unha experiencia inmersiva pensada para nenas e nenos de entre 2 e 6 anos, cun repertorio de doce cancións orixinais xa recoñecibles para o público da serie.
Unha panxoliña para celebrar o Nadal
Esta nova etapa chega acompañada dun lanzamento especial: a panxoliña Ninguén canta mal polo Nadal (publicada internacionalmente como When Christmas is here). O tema, composto por Andrés Mahía, Santi Jul e Iván Laxe, mantén o espírito luminoso e inclusivo da Banda do Bosque e xa se atopa dispoñible en todas as plataformas de audio.

O público goza con Bibopalula / Aigi Boga
A canción complétase cun videoclip dirixido por Laura Mahía e Lucía Rodríguez Vaquero, que leva o universo de Bibopalula a unha estética invernal e conta coa colaboración de Deleite. Con este lanzamento, o proxecto continúa ampliando o seu catálogo musical e reforzando a súa presenza global.
O inverno, un novo capítulo para o bosque
Bibopalula afronta esta tempada cunha combinación única de música, natureza e teatro, consolidando un proxecto que segue medrando á par do seu público. A calidez dos personaxes, a proximidade da súa linguaxe e a súa defensa da convivencia e do respecto pola contorna fan de Bibopalula · O Espectáculo unha proposta que transcende o escenario.
As familias que queiran acompañar esta nova aventura poden adquirir as entradas para as próximas funcións a través da web do espectáculo www.bibopalula.gal.

Vista do teatro durante o espectáculo / Aigi Boga
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Los usuarios de bus urbano en A Coruña celebran la inclusión del pago con tarjeta: 'He dejado dinero a gente para que pudiera viajar